Logotipo-Colegio-NS-Esperanza-ok
0-Inicio | PROXECTO EDUCATIVO
O noso Proxecto educativo inclúe unha metodoloxía didáctica aberta e flexible, fiel aos principios pedagóxicos fundamentais: activa, continua e formativa, a través dun ensino personalizado que implica o respecto á persoa, á súa individualidade, ás súas peculiaridades, etapas madurativas e proxectos de futuro dentro do marco dunha educación democrática. Fomentamos desde as aulas o respecto aos valores humanos e democráticos, educamos para a diversidade e a integración de todas as persoas sen ningún tipo de diferenciación. O noso Colexio relaciónase có seu entorno e promove valores como a solidariedade, a non discriminación e o respecto polo medio que nos rodea. A relación entre os diversos compoñentes debe de estar presidida por un enfoque humanístico nas que o diálogo, a tolerancia, e a disciplina sexan as máximas de actuación. A misión do noso Centro é dotar ao alumnado de instrumentos necesarios que permitan o seu desenvolvemento integral como persoas e así conseguir unha educación de calidade. Inculcándolle a necesidade dunha formación continua e de esforzo tanto para o seu desenvolvemento persoal como profesional.